(2005-2014)
Persoas no momento en que menos se parecen a si mesmas.
A pesar do que puidese parecer non é pintura narrativa, aínda que este e outros instantes capturados sexan parte dunha narración que ninguén sabe, e os seus protagonistas menos, cara a onde se dirixe ou de onde vén. Son os tempos mortos que acompañan aos propósitos. Algúns proceden da realidade, outros non. Revélanse nas deshoras.